O goberno local naronés reforzou o servizo de atención laboral contratando dende mediados deste mes a unha persoa para levar o programa de intermediación laboral. Esta mellora permitirá obter perfís profesionais de persoas que poidan optar a empregos concretos e tamén dispoñer de datos actualizados das empresas da comarca que para coñecer coñecer as súas necesidades, tanto na área de persoal como na formativa.
As vantaxes do reforzo do servizo de intermediación laboral tamén farán posible facilitar a inserción laboral de persoas que rematan accións formativas impulsadas dende o Concello, as que acoden ao Servizo de Orientación Laboral e mesmo a aquelas que participan no Programa Integrado para o Emprego. Na actualidade estanse impartindo no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, con cargo a recursos propios maioritariamente e en instalacións municipais, varias accións formativas, en horario de mañá e tarde.
A alcaldesa de Narón visitou esta mañá as instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz para recalcar a colaboración da administración local coas empresas para que dispoñan de perfís profesionais formados e adaptados ás súas necesidades, complementando a formación do alumnado e deste xeito facilitar a súa inserción laboral.
O Centro de Formación Municipal Irmás Froilaz, donde a día de hoxe se imparten oito cursos, será obxecto nos vindeiros meses de importantes melloras en materia de accesibilidade, estando programda unha actuación orzamentada en 100.972 euros Con cargo ao POS da Deputación da Coruña e fondos municipais. A maiores, a mellora da envolvente térmica do edificio que se cofinanciará con cargo a fondos europeos e suporá un investimento de 372.063 euros. Estas últimas obras permitirán mellorar as condicións térmicas de habitabilidade e a eficiencia enerxética das instalacións.
Discussion about this post