A Sala do Civil e Penal do TSXG rexeitou o recurso presentado contra a sentenza ditada pola sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña que condenou a cinco anos de cárcere un home de 24 anos por abusar sexualmente dunha menor á que coñeceu nun pub de Narón en 2017.
Foi un 26 de febreiro dese ano cando moza foi achada vagando, a un quilómetro de Freixeiro, onde estivera cuns amigos nun pub. Forons uns policías locais de Narón os que ao percibir o estraño comportamento da moza avisaron á Policía Nacional. O home sospeitoso de cometer ese delito foi localizado as poucas horas e iniciouse entón unha investigación contra él.
Durante o xuízo na Audiencia da Coruña a defensa do acusado solicitara a súa libre absolución en base a un informe psicolóxico no que se recolle que o procesado ten un cociente intelectual baixo, argumentando que descoñecía que o que facía estaba prohibido. Tamén aseguraban que o home levaba inxerindo bebidas alcohólicas toda a noite (máis de seis “cubatas” de vodka e algúns “chupitos” no “botellón” do Cantón de Ferrol e outros bares), iso despois de asistir a unha celebración por bautizo, e que cando ocorreron os feitos atopábase en estado de intoxicación etílica.
Tralo recurso presentado polo acusado, agora o alto tribunal galego indica que son “elementos claramente acreditados” a embriaguez da vítima, o afastamento da súa contorna de amigos e a súa deambulación co acusado, así como a inexistencia no procesado de intoxicación etílica.
Na sentencia, o TSXG explica que “o procesado, perfectamente consciente da grave e evidente diminución da capacidade psicofísica da vítima en razón da súa embriaguez e sabendo que os seus amigos xa se foran do local, pretextó acompañala á súa casa mentres conduciuna a un escampado e onde, aproveitando o estado da menor e a acusada diferenza física entre ambos, bicouna, tocouna reiteradamente polo corpo (incluída a zona vaxinal), colocouse no chan encima dela e introduciu o
pene na súa vaxina, parcialmente ao obstaculizar un tampón que levaba a moza a penetración completa”
O Tribunal Superior reitera que a idea de que esas circunstancias, mediando alcol e substancias estupefacientes, se convertan “nunha sorte de todo vale” non se pode admitir, “pois aínda aceptando todo o escenario descrito, cabería afirmar, entón, que precisamente as circunstancias da menor facían tanto máis necesario un consentimento expreso”.
Discussion about this post