O Concello de Neda vén de sacar a contratación o servizo de reparación e mantemento das instalacións do alumeado público e semafórico da localidade. Un contrato por un ano con posibilidade de dúas prórrogas coas que se completarían o trienio, e no que o Concello prevé investir nese periodo de tres anos 108.900 euros.
As empresas interesadas en presentar a súa oferta teñen de prazo ata o 5 de xullo e poden consultar a convocatoria no perfil do contratante na web municipal ou na plataforma de contratación do sector público.
Este contrato comprende a prestación dos servizos de reparación e mantemento das instalacións do alumeado público e semafórico -contabilízanse un total de 1.777 puntos de luz en todo o termo municipal-, e actuacións especiais en eventos de carácter festivo consistentes no arranque e apagamento de alumeados nos campos das festas. Tamén se inclúe o mantemento do alumeado dos edificios de titularidade municipal -uns 30- e instalacións do campo de fútbol de San Isidro.
Discussion about this post