O Concello de Neda vén de concluir a instalación de novos puntos de recollida para a reciclaxe de aceite doméstico usado. En total, puxéronse cinco novos contenedores a disposición da veciñanza nas diferentes parroquias, ampliando así ata 9 o número de infraestruturas deste tipo. Un aumento significativo, xa que multiplica por máis de dous a capacidade de recollida, posible grazas á renovación do convenio de colaboración entre o Concello e a firma Procesadora Gallega.
Así, os novos puntos de recollida sitúanse en Anca, Casadelos, O Roxal, O Puntal e Xeneral Morgado -sumándose aos existentes nas inmediacións da casa consistorial, Santa María, Muchiqueira e curva do Regueiro-.
Neste sentido, a Administración local sinala que estes colectores están destinados á recollida de aceite vexetal sobrante de asados, fritos, alimentos enlatados ou graxas, entre outros. Uns residuos que, coa colaboración da veciñanza, poden obter unha segunda vida, xa que con el pódese facer biocombustibles para motores diésel, abonos, ceras, barnices, deterxentes, locións, xabróns ou pinturas.
Discussion about this post