O área sanitaria de Ferrol está cada vez máis preto de estar libre de Covid-19 tralos descensos rexistrados os dous últimos días. Onte a Dirección Xeral de Saúde Pública anunciou que había 3 contaxiados menos que o venres e hoxe volveuse rexistrar un novo descenso que deixa tan só 4 casos activos nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Todos eles están nos seus domicilios.
Os datos proporcionados polo Sergas indican que xa son 579 as persoas que superaron o virus e obtiveron a alta epidemiolóxica. En total, lévanse realizados máis de 15.000 PCR entre as que se fan no Marcide, no punto móbil do Novoa Santos e a domicilio.
O último falecemento relacionado co Covid-19 na comarca producíuse o 9 de maio. En total, son 33 as vítimas mortias desta pandemia nas tres comarcas.
Discussion about this post