O castelo de Moeche aberto dende o pasado 20 de uño rexistrou a pasada fin de semana un total de 52 entradas, unha gran morea de xente aínda que mantendo por igual as respectivas medidas de seguridade. Das visitas guiadas encargarase unha especialista mentres que o técnico de Turismo facilitará información de reforzo no recinto, ao tempo que deseñará estratexias e rutas turísticas na oficina aberta na Casa do Concello.
Outra novidade que se incluíu fai pouco é o novo perfil de Instagram onde proximamente subirase unha exposición temporal dos obxectos atopados nas escavacións arqueolóxicas efectuadas durante a súa rehabilitación. Ademais, o centro de interpretación recibiu unha subvención cercana aso 11.600 euros procedentes da Deputación da Coruña para a contratación dunha técnica.
Os horarios de verán -desde o 1 de xullo até o15 de outubro- serán de 11.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30h. de luns a venres. Os sábados e domingos abrirá de 11 a 14.00h. e de 16.30 a 20.00h.
É obrigatorio o uso de máscara hixiénica ou cirúrxica para todas as persoas maiores de 6 anos e sempre se deberá manter unha distancia de polo menos 1,5 metros con respecto a outras visitantes. No lugar colocouse abundante cartelaría informativa recordando as precaucións individuais e tamén se instalaron dispensadores de xel hidroalcólico.
Por outra banda, nas instalacións non se poderán recoller folletos informativos, senón que haberá etiquetas QR para acceder a eles desde o móbil nunha versión dixital. Son publicacións sobre o propio castelo e sobre rutas e recursos turísticos que hai no municipio.
Exposición arqueolóxica
A gran novidade deste verán no Castelo de Moeche é a cesión dos restos arqueolóxicos descubertos durante a rehabilitación acometida nos anos 90. Trátase de cerámica, moedas e outros vestixios gardados no Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña -no castelo de San Antón- e que volverían para Moeche en forma de exposición temporal.
Discussion about this post