O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e a presidenta de Aspaneps, Elena Rodríguez Seoane, firmaron esta mañá no salón de plenos do pazo municipal un convenio de colaboración de 40.000 euros para desenvolver este ano proxectos de atención socioeducativa a menores.
Tras a firma, o rexedor agradeceu o labor desenvolvido por Aspaneps, unha entidade, dixo, “que leva moitos anos apoiando aos nosos menores”, un colectivo “que ao igual que os adultos sufriu nos últimos meses un importante cambio nas súas vidas” por mor da covid-19.
Pola súa banda, Rodríguez Seoane agradeceu ao alcalde, ao Concello e á Concellería de Benestar Social, o bo clima de entendemento entre a Administración local e a entidade e o apoio municipal para que en Ferrol poidase serguir prestando atención socioeducativa a menores.
Discussion about this post