O concello de Narón contrata a Acciona Servizos Urbanos SRL para a recollida de lixo

No Pleno ordinario aprobouse a adxudicación que conta cunha duración de 10 anos, nos cales a empresa recibirá máis de 30 millóns de euros
90371937_2590570144533708_6477826296104615936_o

No Pleno ordinario celebrado esta mañá do 30 de xullo no Concello de Narón resultou aprobada por maioría a adxudicación á empresa Acciona Servizos Urbanos SRL do contrato do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria. A proposta foi aprobada cos votos a favor do equipo de goberno municipal TEGA – PsdeG e as abstencións do PP e o BNG.

O contrato lle proporcionará á empresa contratada un total de 30.805.945,20 euros para os dez anos de duración. Nesta adxudicación incorpóranse melloras salientables na prestación do servizo como son, entre outras, a modernización e adaptación da gestión do servizo ás novas tecnoloxías, campañas de concienciación ambiental e estudo da evolución do reciclaxe para implementar unha maior participación da cidananía no coidado do medio ambiente. Así mesmo, evidenciaranse melloras no equipamento urbano de contenedores, papeleiras e puntos limpos de proximidade, así como na maquinaria a utilizar.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.