O Concello de Valdoviño informou de que se activou o protocolo Covid, é dicir, ordeando a realización de PCRs entre os traballadores da casa consistorial e os concelleiros da corporación tras confirmarse o pasado venres 4 de setembro o positivo en coronavirus dun edil.
Adoptouse esta decisión por responsabilidade e prudencia, seguindo o protocolo municipal, excedendo incluso as normas sanitarias e ampliando as probas ao persoal municipal, con independencia de que tivesen ou non contacto directo coa persoa afectada.
Confinamento de todo o goberno municipal
O concelleiro atópase ben, confinado no seu domicilio. Unha decisión que asumiron o resto de compañeiros de corporación á espera de recibir os resultados, os calos foron presentados hoxe e arroxaron todos negativo. Cando o concelleiro presentou síntomas a mediados de semana, inmediatamente autoconfinouse e realizou as probas pertinentes, confirmándose o positivo e activándose na consistorial o protocolo.
Segundo o rastrexo activado por Sanidade a partir de entón, informaron ao concelleiro de que a transmisión tiña que terse producido a pasada fin de semana, cando o edil non realizou ningún tipo de actividade municipal.