Finalmente, tras varios días de dúbidas na zona de Ferrol por un posible caso positivo de coronavirus nos remolcadores situados no Porto de Ferrol, as autoridades sanitarias confirman que se tratou dun falso positivo. Despois de someter por vez primeira a toda a tripulación ás respectivas probas PCR, o Sergas realizoulle unha segunda a noite de onte 17 de xullo ao único que levantara sospeitas para corroborar o que se esperaba, un resultado negativo.
Como consecuencia desta confirmación o Sergas levantou esta mañá as restriccións que tiñan que seguir os 64 tripulantes do remolcadores “Topaz Isra” e “Topaz Megan”. A naveira Topaz mantiña atracados noutra zona do porto outros 4 barcos que non tiveron contacto co posible infectado, polo que estes non seguían o confinamento.
As propias fontes sanitarias destacaron o seguimento exhaustivo que se realizou estes días para evitar un posible rebrote na cidade de Ferrol, e que de momento só pareceu quedar nun susto. A noticia causara certa inquietude entre os empregados da Autoridade Portuaria debido a que as persoas a bordo dos remolcadores facían vida diaria nas instalacións e nas zonas comúns do Porto.
Agora que o se levantou o confinamento espérase que os 64 tripulantes poidan abandoar finalmente Ferrol o próxima 20 de xullo de cara aos seus países de orixe.
Discussion about this post