Os bares de Neda reparten sorte coas súas consumicións

Cada xoves dos meses de agosto e setembro cada establecemento entregará con cada pedido un boleto para participar no sorteo de diferentes premios
Tipping-03

A hostalería de Neda quere premiar a fidelidade da clientela e, con ese obxectivo, en colaboración co Concello activa a campaña «En Neda, os bares teñen premio». Así, cada xoves dos meses de agosto e setembro -a partires desta semana-, cada establecemento entregará con cada consumición un boleto para participar no sorteo de diferentes premios.

Os locais participantes na iniciativa son os seguintes: Parrillada Harina y Brasa Gastrobar, Mesón O´Fumazo, Cervecería O Lagar, Café Bar Albarón, Bar Valencia, La Flor de Mayo e Cantina do Polideportivo do Roxal. No mes de agosto, sortearase un lote de produtos de alimentación que costea o Concello e que inclúe un xamón, un queixo e dúas botellas de viño. O sorteo terá lugar a finais de cada mes na propia Casa do Concello, e establecementos e Administración local publicitarán o boleto ganador.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.