Os bulos sobre rebrotes do coronavirus chegan a Ferrolterra

Tanto o Sergas como os Concellos insisten en que as cifras falan por si soas e que o número de contaxios continúa en descenso desde fai semanas
ETAAt-eXQAIqRgc

Os bulos sobre o Covid-19 son outra epidemia. Se nas primeiras semanas da pandemia circularon por redes sociais e Whatsapp informacións sobre posibles curas e falsidades sobre como se contaxia, nos últimos días os bulos centráronse nos rebrotes, que, aínda que se están a dar de forma puntual nalgunhas zonas do país, non están afectando ás comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Nos últimos días as redes sociais cumpliron a súa peor función e serviron para propagar que nalgún municipio da zona, como Cedeira ou Ares, onde a afluencia de veraneantes é maior, estábanse a dar rebrotes de novos contaxios e alertaban de que se poderían adoptar novas medidas de confinamento neses municipios. En ambos casos se atribuía o novo brote a unhas familias chegadas de Madrid, supostamente infectadas con coronavirus e, incluso, chegouse a falarse de novos falecidos á causa do Covid nas comarcas.

Todo é radicalmente falso tal e como explican desde o Servizo Galego de Saúde e como refrendan os datos emitidos a diario pola Dirección Xeral de Saúde Público. O área de Ferrol non só non está a sufrir ningún rebrote, senón que ten o ratio de contaxios por 100.000 habitantes máis baixo de Galicia. Actualmente son 11 os casos detectados e todos eles están en illamento doméstico con sintomatoloxía leve. De feito, non hai casos hospitalizados desde fai case vinte días e as UCI levan máis dun mes sen doentes graves. O último falecemento relacionado co Covid-19 deuse o 9 de maio.

Pero o morbo e o ánimo de alarmar as veces pode máis que a contundencia das cifras e os rumores e bulos exténdense polos pobos, sobre todo polas vilas pequenas, e poden xeran gran alarma entre os veciños. O propio alcalde de Cedeira, Pablo Moreda, tivo que sair ao paso deste bulo advertindo nas súas redes sociais que todo era falso e que non existía ningunha familia madrileña que chegara infectada á vila cedeiresa e propagara o virus.

Ante esta situación, desde os Concellos piden ao seus veciños e veciñas prudencia e, sobre todo, sentido común á hora de consumir estas informacións. Aseguran que poden facer moito dano tanto social como económicamente e xerar unha alarma innecesaria entre a poboación. Aínda con todo, insisten en que non hai que baixar a garda e piden seguir mantendo as medidas de seguridade e hixiene recomendadas polas autoridades sanitarias para que os bulos sigan sendo bulos.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.