Os candidatos de Ferrolterra no BNG reclaman «inxectar investigación e innovación» nos sectores produtivos da comarca

Ramón Fernández "Món", de Ferrol; Xiana González, de Narón e Tino Seco, de Ares forman parte da candidatura nacionalista pola A Coruña
IMG-20200627-WA0012

Os tres candidatos de Ferrolterra polo BNG nas eleccións autonómicas fixeron hoxe un pequeno acto na casa do Mar de Ferrol para explicar o programa que o partido nacionalista quere implementar na comarca. O cabeza de lista número 5 do BNG pola Coruña, o ferrolán Ramón Fernández «Món», acompañado polas outras dúas persoas da comarca de Ferrolterra que conforman a canditura, Xiana González de Narón, e Tino Seco de Ares explicou coa ría como escenario de fondo que «unha soa imaxe, pódense ver todos os recursos e potencialidades dunha comarca que pide a gritos unha solución a unha situación de crise que se está a volver estrutural».

Na súa intervención recalcou que tódas facianas da ría, como o porto, a pesca e o marisqueo, o turismo, o patrimonio natural e arquitectónico e os sectores naval, pesqueiro ou enerxético, «deben ser parte dun plan de emerxencia pola recuperación económica da nosa comarca». O candidato do bloque recalcou a posta do partido pola investigación e a innovación, “elementos que deben inxectarse a sectores como o naval ou o enerxético, levando a cabo así un proceso de descarbonización ordenado e con unha transición xusta e axeitada na nosa comarca».

«Ferrolterra debe revertir a situación actual, tanto no social como no económico, e deixar de formar parte dese ranking onde figuran as zonas máis envellecidas de Europa, e ser capaces de ofrecer oportunidades aos centos de mozos e mozas que tiveron que abandonar esta comarca, así como defender o modelo público en servizos e asitencia de carácter social -sanidade e ensino, residencias de maiores e centros de día de atención», concluiu Mon neste pequeno acto de campaña.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.