Os mercadillos de Caranza e do Inferniño terán que esperar ata setembro para comezar as súas ventas

Aínda que xa están dispoñibles as feiras de Ferrol e de Recimil aínda quérese manter a cautela e non saturar ás entidades responsables
mercadillo-kIKB-U110195784452liD-1248x770@Diario Montanes

Os tradicionais mercadillos de Caranza e o Inferniño aprázanse ao mes de setembro sempre e cando as circunstancias sanitarias o permitan. Tanto o Concello como os representantes veciñais de Caranza mostráronse de acordo en adiar a feira do barrio tras analizar a actual situación sanitaria e os requirimentos de seguridade para poñela de novo en marcha.

Trátase dun evento que organiza a asociación veciñal, para o que conta co apoio da Administración local ferrolá, onde esta última xa recuperou en semanas pasadas a feira de Ferrol e o mercado de Recimil, como primeiros pasos para reemprender a venda ambulante de forma segura na cidade.

No caso do de Caranza cómpre manter aínda un principio de cautela, por canto a súa celebración en agosto implicaría descargar na entidade veciñal máis traballo do que xa debe desenvolver en situación de normalidade. Nese senso, cando se dean as condicións axeitadas a asociación contará co total apoio do Concello á hora de garantir a seguridade. En canto ao do Inferniño, decidiuse que, aínda que o xestiona directamente o Concello, seguirá os mesmos pasos que o de Caranza.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.