A área sanitaria de Ferrol non rexistrou novos casos de coronavirus desde o pasado 31 de abril. A de hoxe é a quinta xornada na que se manteñen os 20 casos activos con Covid-19, dos cais só dous persoas permanencen hospitalizadas e o resto, 18 doentes, atópanse en illamento nos seus fogares. Ademais, xa hai semanas que non hai ningún afectado de Covid-19 na unidade de coidados intensivos.
Tampouco variaron o número de altas epidemiolóxicas nos últimos cinco días. Seguen sendo 560 os veciños e veciñas de Ferrol, Eume e Ortegal que superaron xa o virus e están curados. Respecto ás vítimas mortais, seguen a ser 33, xa que non se rexistraron novos falecementos desde o pasado 9 de maio.
A pesar deste entancamento, segue activos os dous puntos de toma de mostras para PCR no exterior do Novoa Santos, que non só realízanse a persoas con síntomas compatibles co virus, senón a todas aquelas que teñan que pasar por algunha intervención ou proba sensible. Ata o de agora son preto de 12.000 as probas que se realizaron na área sanitaria, con só un 4,3% de positivos detectados ata o momento.
Discussion about this post