Este pasado domingo os tripulantes do veleiro ferrolán «Mirfak», con base en A Graña, viviron momentos de tensión cando navegaban por augas de Baiona ao seren atacados por tres orcas de gran tamaño deixando unha das palas que conforman o timón completamente inservible.
O barco, un Farr 42 que tiña como principal obxectivo participar no Trofeo Príncipe de Asturias que se celebrará o vindeiro venres 4 de setembro, terá que esperar a ser arranxado despois do ataque por sorpresa deste grupo de cetáceos, cuxa presenza está a ser máis habitual nos últimos anos.
Tras aguantar as embestidas das orcas durante varios minutos de tensión, os cinco tripulantes e mailo capitán conseguiron recuperan a parte do timón que arrancaron os cetáceos.
La dotación del velero «Mirfak» de la Armada que se dirigía a la regata Príncipe de Asturias, graban el ataque de un grupo de orcas cuando navegaban por las Rías Baixas. pic.twitter.com/rBSyn0YaqM
— Foro Naval (@FORONAVAL) August 31, 2020
Aviso por outro ataque de orcas
Despois de que fose notificado o accidente Salvamento Marítimo facía un chamamento vía Twitter para advertir aos navegantes próximos á zona do suceso dos perigos aos que se estaban a someter debido á presencia deste grupo de orcas. «Radioaviso en Rías Baixas por avistamento de orcas en zona. Solicítase a embarcacións que non tenten aproximarse, dean amplo resgardo e informen. Xa sufriron acometida un veleiro francés e outro da Armada sen danos maiores».
De feito, o segundo barco afectado fora un veleiro francés tripulado por un matrimonio e con 33 pés de eslora que, ao igual que sucedera co Mirfak, leváranse un susto terrible tras sufrir un forte golpe no casco da embarcación.
