O tren Alvia 11553 que realiza a ruta Ferrol-Madrid descarrilou ás 16:20 horas deste martes en La Hiniesta (Zamora). O accidente produciuse despois de que a cabeza motriz do convoi chocase contra un vehículo. As primeiras informacións apuntan que hai un falecido, que podería ser o condutor do vehículo que provocou o accidente. Non se produciron feridos de gravidade entre os pasaxeiros.
#ÚLTIMAHORA 🚨 Al menos un muerto y 2 maquinistas heridos al descarrilar un Alvia Madrid-Coruña a su paso por La Hiniesta (#Zamora). 108 pasajeros han resultado ilesos, según las primeras informaciones.
pic.twitter.com/NnYq7uuZrC— eSPAINews (@eSPAINews) June 2, 2020
Renfe informou de que “os maquinistas se atopan feridos e os 180 pasaxeiros resultaron ilesos”. O descarrilamento produciuse, segundo as primeiras informacións, tras chocar a locomotora cun vehículo que se atopaba na vía. O todoterreo caería ás vías desde un paso elevado, polo que os maquinistas non puideron reaccionar para evitar o choque.
Testemuñas do suceso aseguran que a máquina quedou completamente esnaquizada. Os bombeiros traballaron para rescatar aos maquinistas do Alvia que foron xa evacuados ao hospital. Os pasaxeiros atópanse fóra do tren, recibindo atención dos servizos de emerxencia, e á espera de ser evacuados.
Discussion about this post