Os datos por coronavirus rexistrados na área sanitaria de Ferrolterra non deixan de sorprender un día máis, despois de que o récord contabilizado onte durante toda a pandemia -189 contaxiados- reducírase considerablemente este xoves 24 de setembro a un total de 10 infectados menos.
10 casos menos e tan só 4 positivos
Os datos arroxados hoxe pola Dirección Xeral de Saúde Pública de Galicia son bastante novidosos en comparación cos achegados nos últimos días. Esta é unha baixada considerable con respecto ás vividas noutras xornadas, deixando unha cifra real de 14 curados, polo que tan só aumentaron o número de positivos nas respectivas comarcas a 4, cando o habitual ata o de agora era unha subida media de 10 casos positivos diarios. Coas altas epidemiolóxicas deste xoves son un total de 853 os casos non activos ou curados
Con respecto aos datos referidos as probas médicas realizadas para a detección da Covid-19, estanse a facer diariamente máis de 240 mostras epidemiolóxicas entre a poboación. Dende o inicio da Covid-19, na área de Ferrolterra lévanse feitas case 30.000 probas, cunha incidencia de positivos dun 3,6%.
Descenso da atención hospitalaria
A situación nos centros hospitalarios tamén parece ser favorable, tras coñecerse segundo as cifras rexistradas hoxe un novo paciente que xa abandonou o CHUF. En total, hai 6 persoas ingresadas nas unidades de hospitalización, mentres que se manteñen en 2 os positivos aloxados na unidade de coidados intensivos debido á gravidade que reviste a súa actual situación.
Aumenta a preocupación nos centros educativos
Tamén os datos do SERGAS relativos aos novos casos de Covid-19 detectados nos centros escolares traen novidades. Ata o momento había un total de 5 escolas con positivos nas súas aulas: dous positivos en Narón -1 no CEIP de Piñeiros e 1 no CPI do Feal, un en Fene -IES de Fene-, un en Ferrol -IES Leixa- e un último no municipio de Ares -CPI As Mirandas-.
Foi precisamente neste último centro, no CPI As Mirandas, onde aumentaron os casos activos a 2, provocando o peche dunha das súas aulas, pero polo momento o centro non parece pechar as súas portas. Tamén hai que destacar no respecto ao IES Leixa que ,mediante un comunicado público, onte mesmo negaron calquera positivo nas súas instalacións, pero o SERGAS manten a cifra inalterada nesta nova actualización.