Algunas parroquias do concello de Valdoviño amaneceron estos días con pintadas de corte neonazi nalgunhas zonas públicas como paradas de buses, fachadas de viviendas, carteis electorais e mesmo nunhas rochas preto dos cantís de Meirás. Foi esta parroquia xunto con Pantín e Vilarrube as que sofriron o maior número de actos vandálicos de este tipo.
Nas pintadas pódense observar simboloxía nazi, como os números 88, que corresponden á oitava letra do abecedario, a H e que é unha abreviatura de Heil Hitler. Ou tamén o número 14, outro símbolo dos grupos neonazis, que fai refrencia en referencia ás “catorce palabras” pronunciadas por David Lane: «Debemos asegurar a existencia da nosa raza e un futuro para os nenos brancos.»

Tamén, sobre un cartel do candidato do PP, Alberto Nuñez Feijoo pódense ver as iniciais AE, de Arriba España ou nunha marquesiña de bus a frase «España o Muerte», acompañado dunha cruz celta, tamén utilizada por estes grupos. Na fachada dun alpendre en desuso, preto da igrexa de Pantín, tamén se poden ver as famosas esvásticas nazis e incluso o local da asociación de veciños de Pantín sufriu algún ataque similar.
Condea da corporación do Concello
Ante esta oleada de actos vandálicos, o Concello de Valdoviño expuso hoxe que «como concello aberto, democrático e de entendemento entre todas as sensibilidades políticas», o pleno acordou aprobar unha declaración institucional de condea. Ante esta situación, o Concello procederá a tramitar a orrespondente denuncia ante os órganos competentes.
