Valdoviño retoma a súa actividade cultural con dous espectáculos infantís ao aire libre

Trátase da obra "Vacacións no mar" e do filme de animación "O Bosque Animado"
mochoollo

O Concello de Valdoviño retoma a programación cultural e faino con dous espectáculos ao aire libre dirixidos a un público familiar. O primeiro deles terá lugar este domingo, 5 de xullo, a partir das 19.30 horas no parque da praia da Frouxeira. Alí, a compañía Mircromina Títeres representará a súa obra «Vacacións no mar» .

A seguinte cita celebrarase o xoves 9 de xullo, a partir das 22.45 horas no campo da festa de Meirás. Este espazo converterase nunha sala de cine ao aire libre para acoller a proxección do filme «O Bosque Animado». Nos dous casos, citas incluídas na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña.

A entrada nun e noutro caso é de balde, pero precísase retirar invitación previamente na Oficina Municipal de Turismo sita na Porta do Sol -un máximo de 5 por persoa-. Así, para o espectáculo deste domingo pódese facer hoxe luns 29 de xuño, mañá martes 30 de xuño e mércores 1 de xullo entre as 11.00 e as 17.00 horas. Tamén o xoves 2 de xullo de 11.00 a 14.00 horas.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.