O proxecto que ten preparado As Pontes para a rúa Antonio Machado permitirá a renovación da actual rede de saneamento, sustituindo a antiga tubaxe de formigón por unha rede con tubo de PVC. Ditas obras contan cun orzamento de 41.935 euros con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental -FCA 2020-.
Entre os traballos previstos tamén se contempla a conexión das acometidas existentes, os sumidoiros e as baixantes dos edificios á nova canalización, e ademais executaranse pozos de rexistros de formigón con cuberta de fundición axeitada para o tráfico pesado.
A rede proxectada tamén se conectará no final a un pozo existente na intersección coa rúa Rego do Campo. Por outra banda, xunto coas obras de instalación da nova rede de saneamento, levaranse a cabo traballos de repavimentación nas zonas afectadas.
Por mor do uso de maquinaria na calzada, o Concello regulará no tramo das obras pertinentes o trafico nun solo carril por medio de semáforos, para evitar que o saneamento da rúa Antonio Machado afecte á circulación diaria.
Discussion about this post