O Concello de As Pontes vén de aprobar a adxudicación das obras de mellora de camiños nas parroquias do Freixo, Ribadeume e Santa María por un total de 106.000 euros.
Estas obras, financiadas pola Deputación de A Coruña, servirán para dar unha mellor calidade de vida ós veciños e veciñas do rural, renovando as súas infraestruturas e equipamentos.
- Na parroquia do Freixo, o proxecto de rehabilitación do camiño da Rega permitirá mellorar o viario no tramo comprendido entre a Cruz da Rega dos Francos ata o cruce do camiño que leva ao núcleo do Vilar. As intervencións previstas teñen por finalidade a limpeza das cunetas, o recrecemento do firme existente e o pintado das marxes para mellorar a sinalización horizontal.
- No caso do Camiño de Pazos está prevista a reparación dun tramo de case un quilómetro, en dirección ao núcleo de poboación, mediante a limpeza das marxes e cunetas, o bacheado de fochas, o recrecemento da plataforma e a reposición da sinalización horizontal.
- Na parroquia de Santa María de As Pontes, no Camiño de O Mariñao, procederase á rehabilitación do firme reparando as fochas existentes, limpando as marxes do vial e recrecendo con aglomerado asfáltico toda a superficie de actuación. Rematarase coa sinalización horizontal en ambas marxes e a instalación de sinalización vertical.
- Nas estradas de Vilarmouro e Chao (parroquias de Freixo e RIbadeume) vanse rehabilitar os viarios para dotalos dunha calidade estrutural e superficial óptima, mellorando a comodidade e seguridade do tráfico rodado como para os viandantes. O proxecto, contempla, previo ó inicio das obras, a limpeza das cunetas para o correcto drenaxe do firme e o aporte de grava e tratamento asfáltico naquelas zonas nas que existan fochancas.
Relacionadas:
Comenzan as obras de mellora e accesibilidade na rúa Casilla das Pontes
Discussion about this post