O Concello das Pontes inicia as obras de mellora do abastecemento na rúa Cabanas

O proxecto conta cun orzamento de 47.092 euros, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental
Rúa-CabañasAsPontes-696x557

O Concello das Pontes iniciou esta mañá as obras de mellora do abastecemento da rúa Cabañas, un proxecto cun orzamento de 47.092 euros, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental (FCA)

Entre as actuacións previstas inclúsese a reposición da actual liña de fibrocemento que descorre pola marxe exquerda da rúa, substituindo a canalización por una nova liña en tubos de fundición, con características técnicas e sanitarias adaptadas á normativa vixente. Asemade, procederase á reposición do pavimento, tanto de beirarrúa coma de calzada.

Os traballos postos en marcha permitirán renovar a rede de abastecemento da zona urbana e forma parte do plan de renovación de infraestruturas municipais programadas polo grupo de goberno, que xunto con outros proxectos de mellora da iluminación e a eficiencia enerxética e outros servizos e instalacións públicas, permitirá mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Desde o Concello das Pontes pídense desculpas á veciñanza polas molestias que poidan ocasionar estes traballos e lembra que o tráfico só estará permitido para residentes, quedando o aparcamento restrinxido.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.