O Concello de Cabanas anuncia a contratación de dez persoas dentro do Programa de Limpeza de Praias da Deputación da Coruña para a realización de traballos de limpeza e mantemento na zona de praia e piñeiral da Madalena, ademais das praias de Chamoso e Río Castro.
Estes dez contratos cotemplan o 75 % da xornada cunha duración de tres meses e unha retribución de 831,25 € mensuais, incluíndo a maiores o rato de pagas extra.
As persoas interesadas dispoñen de prazo até o martes 7 de xullo ´-incluído- para presentar as correspondentes solicitudes. Para poder presentarse deberán anexar tamén copia do DNI e resto de documentación requirida no artigo 5 das bases publicadas no BOP -Boletín Oficial da Provincia de A Coruña-.
Discussion about this post