A Xunta inicia os traballos de construción dunha nova cuneta de seguridade na autovía Ferrol-Vilalba, ao seu paso polo Concello das Pontes. Esta actuación, cun investimento de máis de 583.000 euros, conta cun prazo de execución duns seis meses.
A substitución da actual cuneta por unha nova ten por finalidade a seguridade viaria e, de forma significativa, a protección ambiental da contorna. En concreto, a intervención pretende minimizar os problemas actuais coas augas de escorrentía procedentes dos noiros e da mediana.
Ademais renovaranse as marcas viarias e repoñerase a sinalización vertical nos treitos nos que se vexan afectadas polas actuacións.