No mes de marzo deste ano o Concello de Monfero acordou a anulación da convocatoria municipal de axudas ao estudo 2019-2020, por mor da crise sanitaria provocada pola Covid-19. Finalizado o Estado de Alarma, o goberno municipal vén de publicar unha nova convocatoria.
O prazo para a solicitude de axudas ao estudo para o curso escolar 2019-2020 estará aberto ata o 28 de setembro o poderanse xestionar no propio concello en horario de oficina ata as 15.00 horas.
O crédito que se destina a este programa é de 7.000 euros e poderán beneficiarse das axudas os nenos empadroados en Monfero e que polo menos un dos país tamén estea empadroado no municipio, ter menos de 24 anos de idade e non exercer ocupación ou traballo remunerado e cursar estudos de Educación Infantil, Primaria, Educación Especial, ESO, Bacharelato, Formación Profesional, ciclos formativos ou estudos universitarios.
Ademáis a unha unidade familiar (pais e fillos que non exerzan traballo remunerado) non pode superar a cantidade de 18.000 euros anuais de ingresos, máis 900 euros por cada membro que a integre, ou ben aquelas familias que non acadaden os ingresos mínimos esixidos para presentar a declaración da renda.