O Concello de Pontedeume, xunto co Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, organiza unha charla sobre as axudas para o impulso e posta en marcha de novas actividades empresariais vinculadas ao sector do mar que acheguen máis valor a nivel local.
A xuntanza será o luns 30 de novembro ás 16:00 na Casa da Cultura de Pontedeume. Se o mar está presente no teu proxecto, achégate á charla para coñecer os requisitos, trámites e iniciativas que poden ser impulsadas con esta liña de axudas.
O aforo é limitado, polo que é preciso inscribirse previamente no teléfono 981784417 ou no e-mail: [email protected]
Discussion about this post