O Concello de Pontedeume conta desde onte luns 7 de setembro cun novo vehículo para o Departamento de Vías e Obras Municipal, o que servirá para axilizar os traballos que realizan. “Damos resposta ás demandas dos traballadores do servizo, que durante moitos anos herdaron vehículos doutros departamentos”, explicou o edil Daniel Ríos, concelleiro de Obras.
O novo vehículo ten capacidade para transportar seis persoas e unha amplia zona de carga, polo que non é necesario utilizar remolque. “Para mellorar os servizos e infraestruturas, temos tamén que mellorar os vehículos cos que traballa o departamento de Vías e Obras”, engadiu pola súa parte o alcalde, Bernardo Fernández, satisfeito coa nova adquisión “que servirá en definitiva para mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas”.
Discussion about this post