O goberno local de Pontedeume advertiu onte da existencia dunha estafa que se está levando a cabo no concello aprobeitando a pandemia do coronavirus e onde os estafadores involucran ademais ao Concello. Algúns veciños e veciñas están a recibir chamadas telefónicas e visitas dunha organización fraudulenta que afirma que, coa colaboración do concello, pasará polos seus domicilios para facer unha enquisa de saúde relacionada coa Covid-19 e deixar material de protección como luvas, máscaras ou hidroxel.
Pero desde o Concello afirman que eles non colabora nin teñen constancia de ninguna enquisa, polo que piden á veciñanza que non faga caso destas chamadas e, en todo caso, confirme sempre antes de dar ningún dato a súa veracidade. «Lamentamos este tipo de conductas, que xa están en mans das forzas de seguridade para a correspondente investigación», explicaron desde o goberno local.