As imaxes do fatal accidente acontecido esta fin de semana na peaxe de Guísamo, na AP-9, continúan estremecendo a todo o que as ve, especialmente ós veciños e veciñas das vítimas.
Un volantazo para pasar, no último momento, por outra vía da peaxe, foi o que provocou que un turismo, procedente de Ferrol con destino a Coruña, impactase bruscamente contra unha das cabinas.
Nesta cabina desempeñaba o seu traballo unha veciña de Pontedeume, que resultou gravemente ferida, e que tras tres días no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña recibiu a alta na xornada do luns.
Peor sorte tivo unha muller ferrolana, que viaxaba de copiloto e perdeu a vida na colisión.
O condutor, que só tivo feridas leves, conseguiu sair él mesmo do vehículo siniestrado.
Discussion about this post