Na xornada do domingo os veciños da parroquia eumesa de Nogueirosa daban a voz de alarma: unha nube de fume saía con forza dunha vivenda no lugar de Cabría Vella.
Aínda que, afortunadamente, non había ningún ferido, o susto foi moi grande, posto que nestas instalacións había un deposito de gasoil que podía estoupar en calquera momento.
Finalmente tan só houbo que lamentar danos materiais: mobles e algún electrodoméstico, grazas á rápida intervención dos veciños, que lograron apagar o lume antes da chegada dos profesionais.
Unha sartén ao lume, que comezou a arder extendendo as chamas á campana e ós electrodomésticos do redor, parece ser a causante deste incidente.
Discussion about this post