O Concello de Pontedeume iniciou esta semana as obras de construcción da nova grada do campo de fútbol da Gándara.
Cun orzamento que rolda os 200.000 euros, a nova infraestrutura contará cunha cuberta e capacidade para 200 persoas.
O prazo de execución aproximado é de seis meses. “Con estas obras, continuamos coa nosa aposta por mellorar e renovar de forma continua as infraestruturas deportivas”, sinala o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández.
Nas próximas datas estará listo tamén o novo acceso ao campo de fútbol: só quedan os traballos de peche da finca colindante e do portal de acceso ás instalacións, coa taquilla e a nova beirarrúa.
Con esta actuación, o concello garante unha zona de estacionamento debaixo da autopista, deixando libre o arcén da estrada para mellorar a seguridade viaria, evitando que os rapaces e rapazas teñan que transitar pola estrada autonómica.
Discussion about this post