Tras rematar a instalación da estrutura metálica, as obras para a construción da nova grada do campo da Gándara de Pontedeume continúan nestes dias co encofrado previo ao formigado das distintas soleiras para a posterior instalación das piezas prefabricadas da bancada.
Este proxecto conta cun orzamento que ronda os 200.000€ e permitirá dotar ao campo de fútbol dunha infraestrutura moi demandada dende hai anos tanto polo club coma polos afeccionados e afeccionadas, permitindo gozar dos encontros ao longo de todo o ano, independentemente da climatoloxía.
Discussion about this post