A Garda Civil de Ortigueira está investigando a un veciño da localidade de 62 anos, como presunto autor dun delito de apropiación indebida e outro delito de estafa.
Os feitos investigáronse por mor da denuncia presentada no cuartel da Garda Civil o pasado 31 de marzo por outro veciño da mesma localidade, que denunciou a perda ou o furto da carteira da súa propiedade, en cuxo interior portaba documentación persoal, diñeiro en efectivo e varias tarxetas de crédito de diversas entidades bancarias , as cales foron utilizadas a posteriori.
O mesmo día de notar a desaparición da súa carteira, recibiu notificacións das entidades bancarias correspondentes ás súas tarxetas, de movementos tras realizar pagos nun establecemento da localidade e de tentar polo menos en sete ocasiones comprar por Internet, por un importe de 158 euros, non levándose a efecto ao non confirmar o denunciante a operación.
Inícianse entón as xestións tendentes á localización do autor das compras, dando como resultado e tras o visionado das cámaras de seguridade dun dos establecementos , a investigación do veciño de 62 anos, quen recoñeceu que quedara coa carteira tras atopala.
A carteira foi recuperada polo seu dono, tras ser atopada ás portas do concello de Ortigueira e entregada á Policía Local da localidade.
Discussion about this post