O Concello de Ortigueira vén de colocar nas praias de Morouzos, San Antonio, A Concha e Céltigos carteles informativos do protocolo que é necesario seguir para a estancia nos areais como consecuencia da Covid-19 e os repuntes ocasionados en varias zonas galegas nas últimas semanas.
Xunto ás normas para respectar o distanciamento social ou usar a máscara lémbrase a prohibición de acceso para os cans e a obrigatoriedade de depositar o lixo nas papeleiras. Os carteis instaláronse tamén nas duchas e aseos das praias, onde tamén hai dispensadores de xel hidroalcohólico para os usuarios e usuarias.
Deste xeito intentan fixar dende a administración local a seguridade nunhas praias que reciben numerosos visitantes durante o verán, tanto pola súa beleza como pola calidade das augas para o baño.
Discussion about this post