A Semana Musical de Brión celebra a súa décimo novena edición con cinco días de concertos e actividades

A programación, organizada por ESMU Magariños, desenvolverase do 8 ao 12 de xuño e incluirá actuacións do alumnado, música coral, un novo proxecto ambiental e a clausura do curso
Imaxe da semana musical de 2024/25 | Concello de Brión
Imaxe da semana musical de 2024/25 | Concello de Brión

Brión volverá encherse de música coa celebración da 19ª Semana Musical, unha cita organizada por ESMU Magariños – Centro de Música, Creatividade e Divulgación que reunirá durante cinco días ao alumnado e ao profesorado do centro nunha programación aberta ao público.

As actividades desenvolveranse entre o 8 e o 12 de xuño na Sala Magariños e no Salón de Actos do Centro Social Polivalente (CSP), con entrada libre ata completar a capacidade.

Concertos e actuacións do alumnado

A programación abrirase o 8 de xuño, ás 19.00 horas, cun concerto do alumnado de Música de Cámara. Ao día seguinte, o Salón de Actos acollerá a presentación do proxecto «Sinfonía en Verde», unha iniciativa que combina música e sensibilización ambiental.

O 10 de xuño será unha das xornadas máis intensas, con varias actuacións protagonizadas polo alumnado de Música e Movemento ao longo da tarde e un concerto dos diferentes grupos do Conxunto Coral para pechar a xornada.

Música tradicional e clausura do curso

O programa continuará o 11 de xuño coa segunda edición do ciclo «Sons de Raíces», dedicado á música de raíz, mentres que a Clausura Académica do curso 2025-2026 porá o broche final á Semana Musical o 12 de xuño, nun acto previsto no Salón de Actos do CSP.

A cita servirá un ano máis para mostrar o traballo realizado polo alumnado ao longo do curso e converter Brión nun punto de encontro arredor da música, a creatividade e a formación artística.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.