As Xornadas de Verán levarán a veciñanza maior de Brión a descubrir Ferrol, Cedeira e a Terra Chá

O programa inclúe excursións a Ferrol, Cedeira e Valdoviño, así como á comarca lucense da Terra Chá, con inscricións abertas desde o 22 de xuño
Una pareja de personas mayores caminando | Archivo
Una pareja de personas mayores caminando | Archivo

O Concello de Brión volverá poñer en marcha este verán as Xornadas de Verán, unha iniciativa dirixida á O Concello de Brión volverá organizar este verán as Xornadas de Verán, unha iniciativa pensada para ofrecer alternativas de lecer á veciñanza maior de 60 anos ao tempo que favorece a convivencia e o coñecemento de distintos puntos de Galicia.

O programa inclúe tres excursións durante o mes de xullo, abertas ás persoas empadroadas no municipio maiores de 60 anos e tamén aos seus cónxuxes.

Tres saídas para descubrir Galicia

A primeira das viaxes celebrarase o 1 de xullo e permitirá visitar Ferrol, Valdoviño e Cedeira, combinando patrimonio urbano, costa e paisaxes naturais do norte da provincia da Coruña.

As outras dúas excursións terán lugar os días 9 e 23 de xullo, cun percorrido pola comarca lucense da Terra Chá, que inclúe paradas en Meira, o Castro de Viladonga, o Pedregal de Irimia e Riotorto, catro enclaves de interese histórico, cultural e paisaxístico.

Inscricións a partir do 22 de xuño

As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición a partir das 09.00 horas do 22 de xuño, ben a través da sede electrónica do Concello ou chamando ao teléfono 981 50 99 10, en horario de 09.00 a 14.00 horas.

O prezo de participación será de 15 euros por persoa e excursión.

Con esta iniciativa, o Concello busca ofrecer á veciñanza maior unha proposta para gozar do tempo de lecer durante o verán, fomentando ao mesmo tempo a participación social e o descubrimento do patrimonio natural, histórico e cultural de diferentes comarcas galegas.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.