Festival Folclórico e homenaxe ó gaiteiro de Bexo en Dodro

O local social do Montiño, en Imo, acolle o vindeiro sábado 26 un festival folclórico, no que tamén haberá foliada e pinchos para os asistentes
O local social de Laíño, en Imo | CONCELLO DE DODRO
O local social de Laíño, en Imo | CONCELLO DE DODRO

A Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño de Dodro organiza o vindeiro sábado 26 de novembro en Dodro o Festival Folclórico 2022, no que se fará unha homenaxe especial a Tomás do Rego, «O Gaiteiro de Bexo», quen leva máis de sesenta anos tocando a gaita e foi un mestre para toda unha xeración de grupos da comarca. Fundador de «Aires da Nosa Terra» de Laíño, co que tocou en festas e certames folclóricos de todo o país, tamén colabouro con grupos das comarcas do Sar e de Arousa.

O cartaz do Festival Folclórico 2022 | CONCELLO DE DODRO

A celebración comezará ás 18:00 horas no Local Social do Montiño, en Imo, onde estarán os grupos Aires do Río Vello, Os Centenarios, Xodra, Os Liantes, Chorima, Os Mersenarios e, para rematar, o grupo da asociación de veciños, Foliada do Montiño.

Dende a Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño convidan a toda a veciñanza da comarca a este festival, que rematará cunha foliada libre e con pinchos para tódolos asistentes.

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.