O Concello de Oroso remata as tarefas de humanización e acondicionamento do tramo do Camiño Inglés que pasa polo municipio para o seu disfrute por parte de veciños e peregrinos

IMG-20211020-WA0011

O Concello de Oroso informa aos seus veciños e veciñas do remate das tarefas de humanización e acondicionamento do tramo do Camiño Inglés que pasa polo municipio.

Durante as últimas semanas, se levaron a cabo diferentes actuacións para mellorar o aspecto desta senda, coa instalación de elementos de descanso, novas marquesiñas ou colectores para o lixo.

Tamén se acometeu a rehabilitación e limpeza da Fonte da Santiña e dos lavadoiros más próximos a este tramo da ruta, que xa ofrecen un aspecto renovado.

“Cada vez son más os veciños e veciñas de Oroso que utilizan o tramo do Camiño Inglés para pasear a diario, o que para nós é unha satisfacción, ademais da importancia de ter todas as sendas acondicionadas para os peregrinos”, explica o alcalde, Luis Rey Vllaverde.

Para o concelleiro de Turismo, Antonio Leira, “o noso entorno natural e o Camiño Inglés son dous atractivos de Oroso, que teñen que desfrutar en primeiro lugar os nosos veciños e tamén todos os que nos visitan”.

A construcción de sendas peonís por todo o concello e o impulso do Camiño Inglés son dúas prioridades para o grupo de goberno orosán, consciente do seu impacto para mellorar a vida diaria dos veciños e incrementar o número de visitantes.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.