O deporte de Oroso pecha unha tempada chea de éxitos pese as dificultades da pandemia e o concello planifica xa con clubes e deportistas o comezo do novo curso

Os clubes e deportistas de Oroso pecharon unha nova tempada chea de éxitos que o goberno local quere recoñecer, aínda que polas restricións sanitarias non foi posible celebrar a tradicional gala do deporte.

Durante varias semanas, o alcalde, Luis Rey, e o concelleiro de Deportes, Antonio Leira, xunto con outros membros do grupo de goberno estiveron con boa parte dos clubes e deportistas locais, co obxectivo de darlles a noraboa polo seu traballo e os seus resultados.

Así, estiveron nas instalacións do Club Leones de Oroso de béisbol, xa que no debut do club na categoría sofbol mixto xuvenil, o equipo proclamouse campión da liga autonómica Xunta de Galicia.

Realizaron tamén unha recepción aos deportistas individuais que destacaron nas súas modalidades, como Estela Ventureira Fraga (Hípica); Zaira Campelo Malo (Xadrez); Sara Gacio Cendal (Taekwondo), e Sara Soneira Baladol (taekwondo).

Houbo outra recepción para a ximnasia rítmica (conxunto xuvenil, Carla Calvo Pombo, Lorena Cerqueiro, Zaira Raña, Sabela Baluja e Noa Iglesias); tenis de mesa (Sasha Malov, Nico Otero, Rui Perez, Esteban Rodriguez, Uxío Pampín, Martin Fernández, Cristina Fernández, Raquel Pérez, e o equipo Oroso TM Peluquería Tije).

Por último, estiveron co ED Xuventude Oroso (equipo cadete B, ascenso a Liga Galega; equipo Benxamín A, campión de Liga), no I Torneo Hockey Oroso e nos campus deportivos organizados en colaboración co Celta de Vigo e o Obradoiro CAB.

O alcalde de Oroso, Luis Rey, agradeceu “o esforzo dos nosos deportistas durante toda a tempada, levando o nome do noso concello por toda Galicia e por toda España”.

Antonio Leira lembrou ademais “as dificultades para entrenar e competir nestes meses tan complicados de pandemia” e garantizou que “o compromiso do concello con todas as modalidades deportivas continuará e irá a máis”.

Aínda que o escenario pode cambiar en función da evolución epidemiolóxica, o concello eos clubs e deportistas planifican xa a nova tempada, co desexo de que poida recuperarse a normalidade.

Salir de la versión móvil