Oroso para vivir: un dos concellos máis seguros de Galicia reforza a súa aposta pola convivencia

145944556_3718316871589463_5702226502591698929_n

O índice de criminalidade no Concello de Oroso é de 17,3 infraccións penais por cada 100.000 habitantes, case a metade da taxa galega, situada en 29,7, e moi por debaixo da do conxunto do Estado, que é de 39,2. Isto amosa que Oroso é un dos concellos máis seguros de Galicia. 

A pesares desta situación, o concello decidiu ir máis aló e puxo en marcha hai meses novas medidas de reforzo, como as patrullas nocturnas da Policía Local durante a fin de semana para controlar os botellóns. “Somos os primeiros interesados en continuar sendo un concello seguro, polo que manteremos esta iniciativa”, explicou o alcalde, Luis Rey Villaverde.

O propio delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e o alcalde de Oroso acordaron reforzar o mes pasado a presenza policial no concello para manter a actual garantía da seguridade pública. O consenso chegou nunha xuntanza que da resposta a unha petición do Executivo local.

O delegado garantiu o traballo da Garda Civil, que dará continuidade ao intenso esforzo que realiza o Concello de Oroso coa Policía Local. Ambos mandatarios coordinaron o dispositivo de seguridade e acordaron un reforzo para vindeiras datas.

Como nova medida para coordinar as accións neste ámbito, o Concello de Oroso contará cunha Xunta Local de Seguridade.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.