O Concello de Oroso ten desde este semana voz e representación no Senado, grazas á toma de posesión do seu ex alcalde, Manuel Mirás Franqueira.
Mirás Franqueira, que concorreu en calidade de suplente ás Eleccións Xerais de novembro de 2019 na lista que o PSOE presentou na Coruña ao Senado, tomou onte posesión do seu escano como senador, tras ratificar o seu acatamento á Constitución ante o Pleno da Cámara.
O novo senador chega á Cámara Alta en substitución de Antonio Vázquez, que renunciou recentemente á súa condición de senador. Foi o presidente do Senado, Ander Gil, o que ao comezo da sesión, reclamou a súa presenza para, ante un exemplar da Carta Magna, tomarlle declaración de acatamento.
Unha vez que expresou a súa promesa de respectar a Constitución, o novo senador tomou posesión do seu escano nas bancadas que no hemiciclo ocupa o Grupo Socialista.
Manuel Mirás Franqueira, ex alcalde de Oroso, é tamén secretario de Política Municipal da Agrupación Provincial Socialista da Coruña. Agora, traballará desde o Senado para seguir mellorando a vida dos seus veciños e veciñas.