A cantiga galega AI-LALELO queda segunda na Eurovisión da intelixencia artificial

A cantiga composta por intelixencia artificial da man dun equipo galego resultou vencedora no televoto, pero quedou segunda trala votación do xurado
Joel Cava, líder do equipo PAMP!, tras gañar o televoto no AI Song Contest | AI SONG CONTEST
Joel Cava, líder do equipo PAMP!, tras gañar o televoto no AI Song Contest | AI SONG CONTEST

A cantiga galega «AI-LALELO» quedou segunda no AI Song Contest, a Eurovisión da intelixencia artificial, na que foi a máis votada polo público de entre 15 candidaturas de todo mundo e na que tan só quedou por detrás do equipo tailandés Yaboi Hanoi, que venceu grazas ó voto do xurado, no que a proposta galega quedou terceira.

“Para nós, o principal éxito foi crear unha canción en galego a través da intelixencia artificial. Chegar á final desta Eurovisión permitiunos amosar ao mundo o talento tecnolóxico e cultural galego”, explica Joel Cava, líder da iniciativa e responsable creativo da axencia compostelá CECUBO Group.

Na final, celebrada na cidade belga de Liège, tanto a canción gañadora como a galega compartiron «a reivindicación das culturas minorizadas, poñendo a intelixencia artificial ó servizo da lingua, da cultura e da identidade do país». O equipo galego competiu baixo o nombre PAMP!, as siglas de Proxecto Ana María Prieto, un homenaxe á primeira programadora galega.

Alén do resultado, o lider da iniciativa, Joel Cava destacou «a grande experiencia» vivida na final e agradeceu «o grande esforzo do equipo que impulsou entre proxecto tecnolóxico», así como ás persoas que votaron por «AI-LALELO», ás que difundoran a candidatura «e á organización do festival».

O grupo de traballo PAMP! está formado polos profesionais Juan Alonso, Sofía Oriana, Xandre Outeiro, David Santos, Marta Verde e Joel Cava, responsable creativo de CECUBO Group, coas voces de Camille Hédouin (Mounqup), Mónica de Nut e Eva Outeiro.

Nun proceso creativo de catro meses, o equipo galego compuxo «AI-LALELO» a partir da intelixencia artificial aplicada á composición da letra, harmonías, instrumentos e videoclip da canción. O tema pretende ser unha homenaxe ás mulleres que impulsaron Galicia e a súa tradición, lingua e cultura.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.