A estatua de Moncho Reboiras en Compostela, novamente vandalizada

A figura instalada no centro da cidade aparece vandalizada por segunda vez en menos de dous meses
A estatua de Moncho Reboiras na Carreira do Conde, vandalizada.
A estatua de Moncho Reboiras na Carreira do Conde, vandalizada.

Trátase da segunda vez, dende a inauguración en abril deste ano, que a estatua do militante e sindicalista asasinado pola policía franquista en 1975 amence vandalizada.

A súa instalación por parte do Concello de Santiago espertaba reaccións na oposición. O candidato á Alcaldía polo PPdeG, Borja Verea, afirmaba que, de gañar as eleccións en 2027, retiraría o recoñecemento

Así é que en maio, cando aínda non pasara un mes da súa inauguración, amencía salpicada de cor vermella, un acto denunciado por numerosas entidades.

Agora, a figura ubicada na céntrica Carreira do Conde, apareceu recoberta dunha pintura verde. Aínda se descoñece a autoría dos feitos.

Está mañá, os servizos de limpeza traballaban para devolverlle o seu aspecto orixinal.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.