Santiago prepárase para o Mundial entre a ilusión e a polémica polas pantallas xigantes

O Go!Go!Zo! Fest anima aos santiagueses a ver o partido nas súas pantallas xigantes nun momento de polémica polo cambio de ubicación das municipais
Cartel do Go!Go!Zo! Fest no que invitan aos santiagueses a ver o partido | Redes sociais
Cartel do Go!Go!Zo! Fest no que invitan aos santiagueses a ver o partido | Redes sociais

A Selección Española xógase este mércores, 2 de xullo, o pase aos oitavos de final do Mundial e Santiago de Compostela xa se prepara para vivilo nas rúas. O Concello instalará pantallas xigantes para que afeccionados e visitantes poidan seguir os encontros nun ambiente festivo, unha iniciativa que, con todo, chega envolta en polémica. Varios usuarios en redes sociais denuncian a decisión do concello de trasladar a ubicación de Praza Roxa -a ubicación clásica para este tipo de encontros deportivos- á Praza de Pontevedra. Unha denuncia á que a oposición non tardou en sumarse.

Pantalla xigante para ver á Selección

Aínda que o partido España – Austria deste xoves ás 21.00 poderá verse a traves da televisión pública, Teledeporte, RTVE Play, La 2 Cat, DAZN Mundial e a aplicación de DAZN, a capital galega quere darlle ós seus veciños á oportunidade de velo na rúa e poder disfrutar do posible paso da selección de De la Fuente a oitavos de final.

De feito, esta proposta foi a máis votada dentro do proceso dos Orzamentos Participativos que se levaron a cabo entre febreiro e marzo, onde os composteláns elixiron o Mundial por diante do ciclo de cine ao aire libre e un festival de cultura urbana.

Aínda que era habitual ver os partidos de fútbol na Praza Roxa, este ano o Concello trasladou o encontro á Praza da Constitución, ao carón do Parlamento de Galicia. Ademais, xa teñen programada unha pantalla no parque das Cancelas para o próximo 6 de xullo en caso de conseguir á vitoria fronte aos austriacos.

E como novidade, este ano o festival Go!Go!Zo! no Monte do Gozo instalará unha pantalla para ver o encontro das seleccións, e non so iso, senón que tamén haber DJ e unha animación previa ao evento.

Unha ubicación elixida baixo a polémica

Con todo -e a pesar da iniciativa municipal- a instalación das pantallas nestes novos rincóns da cidade non chegou sen polémica, xa que varios usuarios en redes sociais criticaron a decisión do cambio de ubicación, xa que -ata agora- a Praza Roxa da cidade sempre acollía as pantallas xigantes para os eventos deportivos.

Ás queixas, uniuse a oposición. O portavoz do PP no Concello de Santiago, Borja Verea, asegurou no Mediodía da COPE que a elección do goberno de Goretti busca acantoar o encontro da Selección. O portavoz acusa así á alcaldía de «vivir noutra realidade» e de «non conectar coa cidade».

Mais Santiago de Compostela non é a única cidade onde Mundial xerou polémica. Vigo estivo estes últimos días baixo a incertidumbre pola proposta do seu alcalde, Abel Caballero. No marco dos concertos en Castrelos, hoxe 2 de xullo está prevista a actuación do grupo de rock Deep Purple para as 22.00 horas. Ante isto, o alcalde non dubidou en propoñerlle á banda se podían retrasar unha hora o concerto para poder desfrutar de ambos eventos cunha pantalla xigante de por medio. Finalmente, a proposta quedou en nada e o Concello de Vigo anunciou hoxe que Deep Purple actuará no seu horario previsto, ao non obter resposta por parte da banda.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.