Camariñas solicítalle a Portos de Galicia continuar o paseo marítimo no Cansorro

A alcaldesa, Sandra Insua, é "urxente" construir un paseo para mellorar a seguridade da zona, moi transitada dende a instalación das letras
Imaxe renderizada do proxecto para continuar o paseo marítimo no Cansorro | CONCELLO DE CAMARIÑAS
Imaxe renderizada do proxecto para continuar o paseo marítimo no Cansorro | CONCELLO DE CAMARIÑAS

O Concello de Camariñas demandoulle este xoves a Portos de Galicia a continuación do paseo marítimo na zona do Cansorro. A alcaldesa, Sandra Insua, e o primeiro tenente de alcalde, Sergio Caamaño, trasladáronlle á presidenta desta entidade, dependente da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, o proxecto redactado por un técnico municipal.

«Agora mesmo hai unha evidente falta de seguridade para os peóns, xa que ó rematar o paseo teñen que circular ocupando a estrada polo escaso arcén co que conta», destacou a alcaldesa, quen lembra que, dende que se instalaron as letras de Camariñas, esta zona «é moi transitada por veciños e visitantes que van sacar fotos», polo que a actuación «é urxente».

 

Imaxe renderizada do proxecto para continuar o paseo marítimo no Cansorro | CONCELLO DE CAMARIÑAS

A proposta trasladada polo Concello, orientada a mellorar a seguridade viaria, inclúe a construción dun sobreancho sobre a ribeira do mar con materiais similares ós do paseo marítimo. Así, crearíase unha estrutura de aceiro inoxidable sobre a que se colocaría unha tarima de madeira tratada para exteriores e varandas de aceiro inoxidable. Ademais, instalaríanse nela luminarias tipo LED.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.