As XXI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte volven esta fin de semana a Cee cun completo programa de actividades: a Casa da Cultura acollerá unha exposición de cogomelos e diferentes traballos escolares, mentres que tamén haberá charlas e será posible degustar petiscos cos cogomelos como protagonistas en diferentes locais de hostalería de Cee.
A exposición estará aberta tanto sábado como domingo de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas, con visitas guiadas pola mesma ás 12:30 horas os dous días. Tamén na Casa da Cultura haberá charlas ás 17:30 horas: o sábado Brais Pichel Díaz, chef do Restaurante Terra, falará sobre “Setas, sabores e texturas”, mentres que o domingo José Manuel Castro Marcote ofrecerá “achegamento ó xenero Boletus s.I”.
En paralelo a estas actividades, haberá degustación de petiscos de cogomelos tanto o sabado coma o domingo en Hotel Larry, Mar de Crebas, A Mariña, As Viñas, Café Bar O Rincón de May e Taberna mariñeira O Ribeiro.
As Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte están organizadas pola Asociación Micolóxica Naturista Pan de Raposo coa colaboración do Concello de Cee e de Milar Cee.