O tradicional Encontro de Corais de Corcubión, organizado dende hai máis de vinte anos pola Asociación Cultural Airiños de Quenxe, volve este 22 de outubro tras máis de dous anos de parón obligatorio por mor da pandemia da Covid-19 para celebrar a súa XXI edición.

O evento, que conta coa colaboración do Concello de Corcubión e a Deputación da Coruña, celebrarse a partir das 20:00 horas na Casa da Cultura e contará coa participación da Colar Polifónica de Oleiros e da Coral Polifónica Coruñesa Canticorum, ademais de da propia Coral Polifónica Airiños de Quenxe de Corcubión.