Dumbría celebra o Día das Letras Galegas

Ao longo da semana haberá actividades de dinamización para todas as idades nas cinco bibliotecas municipais
As Letras Galegas en Dumbría | CONCELLO DE DUMBRÍA
As Letras Galegas en Dumbría | CONCELLO DE DUMBRÍA

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, as cinco bibliotecas municipais de Dumbría acollen actividades para a poboación infantil, xuvenil e adulta. Ao longo de toda a semana levarán a cabo diversas actividades de dinamización da lectura dirixidas ao público infantil e xuvenil, cunha mesa redonda sobre o papel da muller na literatura galega, unha selección e exposición de libros en lingua galega para todas as idades e actividades de dinamización da lectura ao longo de toda a semana.

A programación comezará o luns coa actuación do Mago Paco que, a través do programa Ler Conta Moito, traerá ata a biblioteca do Conco o seu espectáculo «Maxia Divertida: Contamaxias”. Será ás 11:00 horas e asistirá todo o alumnado do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría. Durante a visita, a rapazada aprenderá máis sobre o funcionamento das bibliotecas municipais e poderán buscar entre os estantes para atopar os seus libros preferidos.

Como peche á semana, o venres 19 ás 19:00 horas a biblioteca do Conco acollerá a mesa redonda “A muller e as Letras en Galicia”, na que se falará sobre o papel que a muller tivo e ten na literatura galega. O blog do departamento de Cultura e as redes sociais municipais amosarán tamén contidos arredor da celebración desta efeméride.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.