O Entroido de Muxía quenta motores

Haberá opcións e actividades para todos, dende concursos de disfraces, música e obradoiros de conciliación ata o Enterro do Percebe
A queima do percebe no Entroido de Muxía | CONCELLO DE MUXÍA
A queima do percebe no Entroido de Muxía | CONCELLO DE MUXÍA

O Concello de Muxía vén de presentar o Entroido 2023, que chega con opcións e actividades pensadas para todos os gustos e idades, dende concursos de disfraces, música ou obradoiros de entroido para a conciliación ata o regreso do tradicional Enterro do Percebe.

“Queremos animar a toda a veciñanza a disfrazarse e a gozar deste entroido participando en todas as actividades que temos organizadas”, convidou a concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, durante a presentación do programa.

A programación comezará o sábado 18 de febreiro ás 17:00 horas no Paseo Marítimo coa Gala Concurso de Entroido, presentada pola artista Tania Fuegho e amenizada por Disco Móvil CDC. As 17:00 horas será a quenda do concurso de disfraces infantil, ás 18:30 horas do de adultos, ás 19:30 horas do de grupos, ás 20:00 horas do concurso de comparsas e, por último, ás 21:15 será o sorteo da cesta de entroido.

O cartel do Entroido de Muxía | CONCELLLO DE MUXÍA

As persoas participantes nos concursos de disfraces infantil e de adultos deberán inscribirse o propio día da gala na mesa do xurado. Asimesmo, as persoas participantes no concurso de grupos e comparsas terán que inscribirse no Concello ou na sede electrónica ata o 16 de febreiro.

Durante a gala toda persoa que vaia disfrazada poderá recoller unha rifa para o sorteo da cesta de Entroido, mentres que na mesa do xurado tamén haberá unha degustación de doces de entroido.

Os premios na categoría infantil serán de 100, 50 e 25 euros, en adulta de 150, 100 e 50 euros e para a categoría grupal haberá un único premio de 200 euros e esixirase a participación dun mínimo de catro persoas, sen obriga de actuación musical nin coplas.

Para as comparsas é obrigatorio que participen un mínimo de cinco personas cunha actuación escénica, musical ou baile. Os premios serán de 900, 400 e 200 euros.

Obradoiros Concilia de Entroido

Para as xornadas dos días luns 20, martes 21 e mércores 22 de febreiro están previstos os obradoiros de Entroido para favorecer a conciliación nas datas festivas. As actividades terán lugar en horario de 11:00 a 13:00 horas e será necesario realizar unha inscripción previa no Concello do 6 ao 15 de febreiro. As prazas para a actividades son limitadas.

O Entroido finalizará co tradicional Enterro do Percebe, previsto para o mércores 22 de febreiro. Comezará ás 17:00 horas cos “Contos de rúa” con Caxoto no Edificio Servizos Múltiples. A partir das 18:00 horas haberá unha procesión co percebe polas rúas de Muxía ata o Paseo Marítimo, onde os asistentas poderán contemplar a queima e gozar dunha gran chocolatada.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.